DATOS DE CONTACTO ORIENTACIÓN LABORAL
Recheo da Alameda, s/n. 1º andar.
981 400 000 (extensión 313).
Horario: de luns a venres de 9.00 h a 14.30 horas. As oficinas municipais permanecerán pechadas (excepto recadación e rexistro) os días 24 de febreiro, 20 de marzo, 22 de maio, e 7, 24 e 31 de decembro. Así mesmo, os días 17, 28, 30 e 31 de xullo as oficinas municipais terán horario de atención ao público reducido de 9.00 h a 13.00 horas.
Persoa de contacto: Mercedes Álvarez malvarez@concellodeortigueira.com
Trátase dun servizo de información, orientación e prospección de emprego dirixido tanto a persoas en situación de desemprego como a aquelas que desexen mellorar as condicións de acceso a un posto de traballo. O obxectivo deste servizo é mellorar a inserción laboral dos veciños e veciñas do Concello.
Desde o servizo de orientación laboral elabóranse diagnósticos individualizados mediante entrevistas personalizadas para acadar o obxetivo de mellorar a cualificación do usuario e aumentar a súa empregabilidade. Todo isto mediante a información, motivación e asesoramento, e tendo en conta as circunstancias persoais e profesionais de cada demandante, determinando as súas capacidades e intereses para xestionar a súa traxectoria individual de aprendizaxe e busca de emprego.
As persoas interesadas, poden obter no servizo de orientación laboral:
- Estudo do obxectivo profesional.
- Capacitación de habilidades laborais.
- Se o usuario/a o require polas súas características, proposta de itinerario integrado de inserción laboral.
- Ferramentas e técnicas para a busca de emprego.
- Tutorización no camiño á inserción e no caso de que ésta se produza, seguimento nos primeiros meses.
- Información do mercado laboral onde busca emprego.
- Información do tecido empresarial do sector no que quere traballar e da zona onde está a buscar.
- Asesoramento e información sobre o recoñecemento da experiencia profesional.
- Apoio na tramitación da solicitude do certificado de profesionalidade.
- Asesoramento en Formación ocupacional.
- Información ó colectivo xoven do sistema de garantía xuvenil.
- Xestión da bolsa de emprego (intermediación entre a oferta e a demanda local).