Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

A Concellería de Economía e Facenda é o órgano responsable da política financieira e orzamentaria do Concello, da xestión do orzamento e as súas modificacións, da planificación financieira, da xestión tributaria e da dirección dos servizos de Intervención e Tesourería.

O obxectivo é garantir que os recursos económicos do Concello estean ao servizo dos veciños e veciñas de Ortigueira, cunha xestión eficaz e transparente. Desde esta concellería márcase como prioridade aumentar os ingresos municipais, reducir os gastos superfluos e encamiñar o gasto para atender, desde as competencias municipais, as necesidades dos colectivos menos favorecidos.

Ademais, a área de Economía leva a cabo as súas liñas de actuación pensando en fortalecer o tecido socio-económico e o desenvolvemento do noso concello a través do Instituto Ortegano de Promoción Económica (IOPE) principalmente, así como de promover políticas de emprego encamiñadas tanto á súa creación como á mellora da empregabilidade dos veciños e veciñas.

Ambalos dous obxectivos pasan por desenvolver políticas estratéxicas de promoción do comercio de proximidade, incremento da competitividade e o crecemento do tecido empresarial ortegano (vía formación e mellora de infraestruturas), orientación laboral que promociona o autoemprego e apoia a empresarios e autónomos, facilitando tamén novas oportunidades de carreira profesional e melloras das habilidades.

Trabállase tamén de xeito transversal coas áreas de comercio e de cultura na dinamización e modernización tanto do comercio como dos recursos que desde a administración se poñen á disposición da veciñanza.

Esta área está xestionada polo concelleiro José Antonio Monteagudo Villar, e a súas oficinas atópanse na Casa do Concello:

Área de Economía e Facenda

Praza de Isabel II s/n.
981 400 000.
Horario: de luns a venres de 9.00 h a 14.30 horas. As oficinas municipais permanecerán pechadas (excepto recadación e rexistro) os días 24 de febreiro, 20 de marzo, 22 de maio, e 7, 24 e 31 de decembro. Así mesmo, os días 17, 28, 30 e 31 de xullo as oficinas municipais terán horario de atención ao público reducido de 9.00 h a 13.00 horas.
Persoa de contacto: José Antonio Monteagudo Villar jose.monteagudo@concellodeortigueira.com

Non hai eventos

Back to top