Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

CURSOS DE INICIACIÓN AO SURF PARA ADULTOS E MENORES

Está aberto o prazo de inscrición para esta actividade, que se desenvolverá entre os meses de xuño e xullo

O Concello de Ortigueira ten aberto o prazo de inscrición para participar nos cursos de iniciación ao surf que organiza en colaboración coa empresa Ortegal Surf Escola, que se encargará de impartilos. As clases para adultos terán lugar as catro primeiras fins de semana de xuño (os sábados e domingos) e, para os menores de idade (nados no 2007 e anteriores) en dúas quendas: do 25 ao 29 de xuño e do 2 ao 6 de xullo. Os horarios aínda están por determinar.

Os e as interesados en participar teñen que se apuntar na piscina municipal de Ortigueira (teléfono 981 422 026) antes do 30 de maio no caso dos adultos, e antes do 21 ou do 28 de xuño, segundo o curso que elixan, no dos menores. Os prezos son de 20,16 euros para os maiores e de 12,60 para os máis novos.

Se hai máis solicitudes que prazas levarase a cabo un sorteo público para elixir aos e ás participantes. Os cursos corren a cargo de profesorado titulado e a empresa facilitará traxes de neopreno e táboas de surf para o alumnado.

Para acceder a esta actividade hai que estar empadroado no termo municipal, saber nadar -pódense realizar probas de natación previas- e cubrir a folla de inscrición.

 

Back to top