COMEZAN AS OBRAS DE INSTALACIÓN DE MAQUINARIA NOVA NA PISCINA MUNICIPAL
O Concello de Ortigueira está procedendo á mellora da piscina municipal coa colocación de nova maquinaria. Nestes días instalaranse tres novos depósitos de auga e un novo dispositivo de alta eficiencia de aire, e por este motivo o vaso da piscina permanecerá pechado do 1 ao 21 de outubro.
O resto das instalacións, ximnasio, salas e sauna, continuarán abertas como é habitual.
As persoas interesadas en ter máis información poden dirixirse á piscina municipal (teléfono 981 422 026).