Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Esta área está enfocada á prestación de servizos de información, orientación e atención ás persoas e ás familias do Concello, poñendo ao seu alcance recursos, prestacións e axudas sociais en función das necesidades. Tamén se prestan servizos de asesoría xurídico e psico-social en programas de intervención transversais e de educación familiar con situacións de conflito.

No eido da atención á dependencia e á autonomía, valóranse e tramítanse os servizos e prestacións da Lei de autonomía e atención á dependencia, así como o servizo de teleasistencia. Para a persoas maiores, desde o departamento de servizos sociais coordínanse os programas de dinamización sociocomunitaria, obradoiros e programas de vacacións e termalismo tanto da Xunta coma do IMSERSO.

No desenvolvemento de políticas comprometidas coa igualdade entre homes e mulleres, e poñendo recursos na sensibilidade do recoñecemento das dificultades das mulleres por razón de xénero, o Concello dispón dun Centro de Información á Muller (CIM) no que se presta asistencia psicolóxica e xurídica gratuíta ás mulleres de Ortigueira, Mañón, Cariño, Cerdido e Cedeira, e que desenvolve programas de atención multidisciplinar.

Esta área está xestionada pola concelleira Elisa Isabel Dorna Gómez, e as oficinas de atención ao público atópase no Centro de Servizos Sociais.

Área de Benestar Social e Igualdade

Recheo da Alameda, s/n.
981 402 542.
Horario: de luns a venres de 9.00 h a 13.00 horas. As oficinas municipais permanecerán pechadas (excepto recadación e rexistro) os días 24 de febreiro, 20 de marzo, 22 de maio, e 7, 24 e 31 de decembro. Así mesmo, os días 17, 28, 30 e 31 de xullo as oficinas municipais terán horario de atención ao público reducido de 9.00 h a 13.00 horas.

Persoa de contacto: Isabel Dorna elisa.dorna@concellodeortigueira.com
Correo electrónico: serviciossociais@concellodeortigueira.com

As persoas interesadas en acceder aos servizos sociais municipais, deberán solicitar cita previa coa técnica municipal correspondente (psicóloga, asesora xurídica ou traballadora social).

Para facelo, deberán chamar ao 981 402 542/43.

Non hai eventos

Back to top