AVISO DE CORTE PROGRAMADO DE SUMINISTRO ELÉCTRICO
		
	
A empresa Unión Fenosa (ufd grupo Naturgy) vén de remitir unha comunicación ao Concello, informando da necesidade de efectuar traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica, o que poderá provocar cortes no suministro eléctrico o día 9 de outubro de 2018, de 9.30 a 11.30 horas. A continuación, pode ver o texto da comunicación recibida:
“Co fin de efectuar os traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica precisos para poder atender nas mellores condicións as necesidades de subministración da zona, informámoslles que o próximo día 9 de outubro de 2018, de 9:30 a 11 :30 horas, imos proceder a deixar fóra de servizo unha serie de instalacións, o cal pode provocar interrupcións na subministración de electricidade durante ese intervalo de tempo.
Achegamos copia da carta que se remitirá a clientes de máis de 1 kV ou cualificado como esencial, segundo orde ECO797/2002 e que se atopan no seu ámbito municipal.”
As instalacións eléctricas sometidas a descargo afectan ás seguintes rúas ou lugares:
- ALDEA CERNADA (2 E 4)
 - ALDEA XORRES (2, 4, 6, 8)
 - LUGAR TEIXEIRO (3, PARES 2 Ao 12)
 - FOXO (2 E 4)
 - MONTECALVELO (PARES 2 Ao 12)
 - VIDUEIROS (PARES 2 Ao 14)
 - LUGAR COUTADO (2).
 - LUGAR AMBASMESTAS
 - LUGAR MONTEROCA CORISCADA
 - LUGAR CAYÓN