Trámites dixitais en internet
Este evento terminou
-
Data
13 Febreiro, 2020
-
Hora
10:30 am - 11:30 am
Hoxe xoves 13 de febreiro de 10:30 a 11:30 h.
Unha das grandes vantaxes da administración electrónica é que nos permite realizar trámites de maneira remota. En función da información que se vaia a manexar nesas operacións e do tipo de trámite, será necesario ou non verificar a nosa identidade para realizalo.
Neste seminario veremos de forma práctica como realizar os trámites máis comúns e sinxelos, aqueles que non requiren unha validación estrita do usuario para realizalos.
CONTIDOS:
Tipos de trámites online
Solicitude de cita previa: aeat, DNI, seguridade social.
Solicitude de cita médica, pago de multas, solicitar certificado de nacemento.
Consulta información desde as sedes electrónicas: puntos do carné de conducir, solicitude de informe de vida laboral, etc.