Festas de Santa Marta
Este evento terminou
-
Data
30 Xullo, 2019
-
Hora
10:00 am
Hoxe martes 30 a Coral Polifónica de Ortigueira volverá cantar na misa, que nesta ocasión está dedicada á Virxe da Caridade. A imaxe sairá en procesión ao rematar a cerimonia relixiosa, acompañada pola banda Tau de Viveiro.
Nesta xornada haberá un espectáculo de animación infantil ás 18:00h a cargo da compañía de teatro Ghazafelhos nos xardíns e, para rematar, a verbena nocturna na Alameda será amenizada pola orquestra Platinium.