Entroido 2019
Este evento terminou
-
Data
2 Marzo, 2019
-
Hora
9:30 pm - 11:30 pm
-
Alameda
Alameda. 15330 - Ortigueira.
Hoxe ten lugar o concurso e desfile de disfraces do entroido, tanto na modalidade individual (a partir de 12 anos de idade) como en parellas e tríos (maiores de 12 anos ou menores se van acompañados por un adulto tamén disfrazado) ou grupos. Dentro de este último establécense categorías de entre 4 e 14 membros, de 15 ou máis, así como comparsas e asociacións ou centros educativos.
Haberá un desfile ás 20.30 horas percorrendo a rúa Francisco Santiago e o Cantón ata chegar á Alameda, onde se celebrarán as actuacións na carpa instalada para tal fin.
Ás 22.00 horas comezará o baile de disfraces ca orquestra Escaparate Show, e ás 00.00 horas chegará o momento da entrega de premios na carpa da Alameda para seguir coa festa do Entroido.