Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

UNHA MENSAXE DE SOLIDARIEDADE ONTE NA CHARLA-COLOQUIO SOBRE O CANCRO DE MAMA

“Tu lucha es mi lucha” foi onte a mensaxe solidaria que se espallou no Teatro de Beneficencia entre os asistentes á charla-coloquio sobre o cancro de mama organizada pola Xunta Local de Ortigueira da Asociación Española Contra o Cancro coa colaboración do Concello.

Unha mensaxe de solidaridade e unha aposta clara pola a necesidade de investigación e a mellora na calidade de vida das afectadas como resaltou o alcalde Juan Penabad Muras na súa presentación.

A ponente, a doutora en cirurxía de mama Julia Rodríguez, ilustrou aos presentes sobre as claves para previr e afrontar unha enfermidade de grande prevalenza nas mulleres, e da importancia que o diagnóstico precoz desta doenza ten como instrumento para reducir a súa mortalidade.

Galería de imaxes da charla coloquio sobre o cancro de mama (18/09/2018):

 

Back to top