CHARLA-COLOQUIO NO TEATRO DE BENEFICENCIA SOBRE O CÁNCER DE MAMA
A doutora Julia Rodríguez, coordinadora da Unidade de Mama do Hospital HM Modelo da Coruña, ofrecerá mañá martes, día 18 de setembro, unha charla-coloquio no Teatro de Beneficencia para todas as persoas interesadas en saber máis sobre o cáncer de mama. A cita será ás 11.30 horas.
A actividade está organizada pola Asociación Española Contra el Cáncer de Ortigueira en colaboración co Concello ortegano e o Hospital HM Modelo.
As persoas interesadas en obter máis información pódense poñer en contacto co número de teléfono 981 142 740.