Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

REMATADA A MELLORA DO APARCAMENTO DA ALAMEDA

O aparcamento da Alameda estrena novo pintado e distribución de prazas, que facilita a movilidade dos vehículos e mellora a seguridade vial, nun entorno de titularidade de Portos de Galicia.

O alcalde Juan Penabad está “satisfeito” logo de que Portos respondera positivamente á peticion feita polo Concello da necesidade de mellorar este espazo público de disfrute dos veciños e veciñas.

Na seguinte galería de imaxes pode verse o estado final do aparcamento (imaxes cedidas por David Pérez Cociña):

Back to top