Se considerarán como menores aquelas obras e instalacións de técnica simple e escasa entidade construtiva e económica que no supoñan alteración do volume, do uso, das instalacións e servizos de uso común o do número de vivendas e locais, nin afecten ao deseño exterior, a cimentación, a estrutura ou as condicións de habitabilidade o seguridade dos edificios ou instalacións de toda clase.
En ningún caso se entenderán como tales as parcelacións urbanísticas, os muros de contención, as intervencións en edificios declarados bens interese cultural ou catalogados e os grandes movementos de terra.
Segundo a ordenanza fiscal nº 4, reguladora do imposto sobre construccións, instalacións e obras, e a ordenanza fiscal nº 23 reguladora de la tasa por concesión de licenzas urbanísticas esixidas pola lexislación do chan e o ordenamento urbán, aquí pode calcular o importe a abonar no caso de realizar unha comunicación previa por obras no Concello de Ortigueira:
Para saber se ten acceso a algunha bonificación pode consultar a ordenanza fiscal nº 4 na seguinte ligazón:
VER PDF Ordenanza reguladora do imposto sobre construccions, instalacións e obras. Artigo nº 7 – exencións, reduccións e demáis beneficios legalmente aplicables
No caso de ter dereito a algúnha bonificación, póñase en contacto cos servizos urbanísticos municipais para coñecer o importe exacto a pagar.