Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Entroido Ortigueira 2022

Este evento terminou

Desde o sábado 26 de febreiro e ata o luns 28 celebraremos o Entroido 2022.

Na xornada inaugural haberá pasarrúas, sesión vermú, un xantar popular e a verbena no porto de Espasante, a cargo da Comisión de Festas do porto. O domingo instalarase unha carpa na Alameda para celebrar o Día dos Nenos e dos Doces, con diversas actividades ao longo de todo o día.

Finalmente, o luns, tamén na carpa da Alameda, celebraremos o concurso de disfraces, con máis de 5.000 euros en premios, e o baile de entroido, con máis festexos e algunha sorpresa.

Back to top