Ruta de sendeirismo das lendas da Faladoira
Este evento terminou
-
Data
28 Agosto, 2021
-
Hora
10:00 am - 2:00 pm
Hoxe sábado 28 de agosto é das lendas da Faladoira, outro itinerario circular neste caso de 5 quilómetros e dificultade baixa. Percorre o punto máis alto da antiga necrópole da Faladoira, a 615 metros sobre o nivel do mar, e a ruta atravesa xacementos do neolítico como o aliñamento de menhires, o dolmen e cruceiro da Faladoira e as mámoas da necrópole.
Os participantes nas rutas terán que estar ás 10 da mañá na oficina de turismo en coche propio e levar máscara, botas de monte, bastón, roupa cómoda, auga e algo de comida. O regreso é á 14.00 horas.
É unha actividade gratuíta pero que precisa inscrición previa na oficina de turismo, ben de xeito presencial, ben chamando ao teléfono 981 974 103.