Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O patrimonio cultural e natural, é unha das máximas potencialidades da nosa zona. E o turismo cultural, de calidade e desestacionalizado, unha das nosas prioridades. Atopámonos con que está case todo por facer, con proxectos de gran custe económico pero pouco duradeiros, debido á falta de mantemento.

Trátase dunha concellería transversal, con competencias compartidas con outras concellerías: Urbanismo, Cultura e Turismo.

O obxectivo é o establecemento de mecanismos, protocolos e plans de mantemento, comunicación e formación para favorecer o cumprimento de leis e a súa sostenibilidade no tempo.

O asentamento de bases sólidas para a protección un aproveitamento social e económico sostible dos nosos recursos patrimoniais de tipo cultural (material e inmaterial), e natural.

  • Lei 9/2002, de 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.
  • Lei 8/1995, de 30 de octubre, de Patrimonio cultural da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Lei 7/2012, de 28 de junio, de montes de Galicia.
  • Lei 3/2007, de 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Esta área está xestionada polo alcalde Juan Penabad Muras, e a súas oficinas atópanse na Casa do Concello.

Área de Patrimonio e Medio Ambiente

981 400 000.
Horario: de luns a venres de 9.00 h a 14.30 horas. As oficinas municipais permanecerán pechadas (excepto recadación e rexistro) os días 24 de febreiro, 20 de marzo, 22 de maio, e 7, 24 e 31 de decembro. Así mesmo, os días 17, 28, 30 e 31 de xullo as oficinas municipais terán horario de atención ao público reducido de 9.00 h a 13.00 horas.
Persoa de contacto: Juan Penabad Muras alcaldia@concellodeortigueira.com

Non hai eventos

Back to top