DATOS DE CONTACTO DO PUNTO DE INFORMACIÓN CATASTRAL

Praza de Isabel II, s/n.
981 400 000.
Horario: de luns a venres de 9.00h a 14.30h (excepto 13 de xullo, 27 de xullo, 21 de decembro e 28 de decembro que será de 9.00h a 13.00h).
Persoa de contacto: Luisa Sierra luisa.sierra@concellodeortigueira.com

Dende o Punto de información catastral ofrécese aos veciños e veciñas toda a información actualizada tanto literal como cartográfica, dispoñible na base de datos nacional do Catastro, da que se nutre a Oficina Virtual do Catastro.

Os servizos aos que se pode acceder desde o Punto de Información Catastral son:

  • Servizo de consulta e certificación de datos catastrais non protexidos: de libre acceso, non require autorización nin solicitude formal por escrito.
  • Servizo de consulta e certificación dos datos catastrais protexidos: Poderán acceder aos datos protexidos dos bens inmobles da súa titularidade que figuren na Base de Datos Nacional do Catastro os titulares catastrais, así como os seus representantes debidamente autorizados.

Na seguinte ligazón pode descargarse o documento de autorización que deberá achegarse debidamente cumprimentado no momento de facer a solicitude de información, caso de non ser o titular da información solicitada:

VER PDF Autorización de solicitude de información para o Punto de Información Catrastral

Os interesados en recibir certificados catastrais, deberán abonar a correspondente taxa no servizo de recadación municipal, cuxo importe é de 1,94€.

A taxa que debe abonarse pola solicitude de certificacións catastrais vén regulada pola ordenanza fiscal Nº 22 (reguladora da taxa por expedición de documentos administrativos) que pode consultarse na seguinte ligazón:

VER PDF Ordenanza nº 22 reguladora da taxa por expedición de documentos administrativos

Back to top