DATOS DE CONTACTO ORIENTACIÓN LABORAL

Recheo da Alameda, s/n. 1º andar.
981 400 000 (extensión 313).
Horario: de luns a venres de 9.00h a 14.30h (excepto 13 de xullo, 27 de xullo, 21 de decembro e 28 de decembro que será de 9.00 h a 13.00 h).
Persoa de contacto: Mercedes Álvarez malvarez@concellodeortigueira.com

Trátase dun servizo de información, orientación e prospección de emprego dirixido tanto a persoas en situación de desemprego como a aquelas que desexen mellorar as condicións de acceso a un posto de traballo. O obxectivo deste servizo é mellorar a inserción laboral dos veciños e veciñas do Concello.

Desde o servizo de orientación laboral elabóranse diagnósticos individualizados mediante entrevistas personalizadas para acadar o obxetivo de mellorar a cualificación do usuario e aumentar a súa empregabilidade. Todo isto mediante a información, motivación e asesoramento, e tendo en conta as circunstancias persoais e profesionais de cada demandante, determinando as súas capacidades e intereses para xestionar a súa traxectoria individual de aprendizaxe e busca de emprego.

As persoas interesadas, poden obter no servizo de orientación laboral:

  • Estudo do obxectivo profesional.
  • Capacitación de habilidades laborais.
  • Se o usuario/a o require polas súas características, proposta de itinerario integrado de inserción laboral.
  • Ferramentas e técnicas para a busca de emprego.
  • Tutorización no camiño á inserción e no caso de que ésta se produza, seguimento nos primeiros meses.
  • Información do mercado laboral onde busca emprego.
  • Información do tecido empresarial do sector no que quere traballar e da zona onde está a buscar.
  • Asesoramento e información sobre o recoñecemento da experiencia profesional.
  • Apoio na tramitación da solicitude do certificado de profesionalidade.
  • Asesoramento en Formación ocupacional.
  • Información ó colectivo xoven do sistema de garantía xuvenil.
  • Xestión da bolsa de emprego (intermediación entre a oferta e a demanda local).
Back to top