saltar al contenido Saltar a la navegación principal Saltar al pie

Lectura de poemas y textos para el 25N hoy a las 12:00 en el Ayuntamiento

Hoxe, 25 de novembro, o Concello de Ortigueira, xunto co Centro de Información á Muller (CIM) do municipio, conmemora o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero cunha lectura de textos e poemas relacionados coa igualdade e a loita contra a violencia de xénero. O acto será ás 12:00 horas no Concello.

Tamén se repartirá entre os asistentes material da campaña «Implícate, son as túas veciñas». O Concello recorda que se pode visitar a exposición ata o 30 deste mes.

Volver arriba