Ortigueira solicita una subvención de 29.000 euros para realizar la limpieza de las playas
O Concello de Ortigueira solicitou e obtivo unha subvención da Excma Deputación Provincial por importe de 29.237,16 euros para a actuación de Limpeza de praias durante a época estival do ano 2022. Con esta actuación executarase a limpeza e mantemento das praias do Municipio e das pequenas infraestruturas e instalacións que presenta servizo as mesmas como accesos, pasarelas, duchas, baños, espazos naturais limítrofes.
Para executar este cometido, o concello de Ortigueira ven de realizar a contratación de 4 persoas coas que entre outras, se realizarán as seguintes funcións nos areais do concello de ortigueira:
-Retirada manual de algas, papeis, latas, plásticos e outros residuos depositados nas praias polas mareas e os cidadáns. -Baleirado das papeleiras e colectores instalados nas praias.
– Limpeza e mantemento das instalacións de duchas, lava pes e aseos públicos.
– Rozado e acondicionamento do entorno natural dos areais, naquelas zonas de tránsito principal dos bañistas. – Limpeza dos espazos naturais público limítrofes aos areais e que forman parte das praias.
As actuacións serán, principalmente, nas praias de Morouzos, A Concha, San Antonio, Bimbieiro e Picón, en menor medida no resto das do noso concello.13 julio, 2022 - 22 Julpm172022, 2022