El Ayuntamiento recibe un nuevo punto limpio móvil
O Concello de Ortigueira recepcionou no día de hoxe un punto limpo móbil que servirá para poder recoller nas parroquias refugallos que teñan destino o punto limpo do municipio, facilitando o seu traslado á veciñanza.
Entre os refugallos que se poderán depositar, estarán baterías, cargadores de móvil, pilas de botón, pequenos electrodomésticos ou teléfonos móbiles.
A adquisición deste equipamento que se pon a disposición da veciñanza, contou cunha axuda de 13.477,50 € da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático “Financiado pola Unión Europea-Next GenerationEU”.
