El Ayuntamiento pone en marcha la segunda edición del servicio de podología y fisioterapia a domicilio para pacientes SAF
A iniciativa, xestionada polos departamentos de Sanidade e Promoción Económica, atende a día de hoxe a 79 persoas usuarias; 51 no servizo de podoloxía e 28 no de fisioterapia.
Este proxecto está financiado con fondos municipais e unha axuda da Deputación da Coruña.
Por segundo ano consecutivo, o Concello de Ortigueira —a través das concellarías de Sanidade, dirixida por Ana Cartelle; e Promoción Económica, encabezada por Isabel Rego— pon en marcha o servizo de podoloxía e fisioterapia a domicilio para as persoas usuarias do SAF. Esta iniciativa, estreada o ano pasado, foi todo un éxito, pois xa comezou atendendo a 22 persoas nada máis arrincar e, a día de hoxe, chega a un total de 79 (51 a través de podoloxía e 28 a través de fisioterapia).
Isabel Rego e Ana Cartelle coinciden en que esta iniciativa pioneira nace, e agora consolídase, grazas á boa acollida e á “necesidade de coidar aos nosos maiores”. Ambas as subliñan a importancia “de coidar a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas de avanzada idade, máis nun concello eminentemente rural e cunha dispersión poboacional grande, que provoca, en moitas ocasións, que non poidan desprazarse á vila para desfrutar de certos recursos. Con servizos como este buscamos que ninguén quede excluído e teña os mellores coidados ao seu dispor, desde o público”.
Esta iniciativa é posible grazas ao esforzo investidor que o goberno local destina dos seus fondos propios. Ademais, tamén se conta cunha axuda económica da Deputación da Coruña.
O programa está pensado para casos que requiren intervención profesional urxente ou continuada, como pacientes con diabetes, uñas encarnadas ou outras patoloxías graves de podoloxía ou fisioterapia. O servizo seguirá sendo prestado polo podólogo Alberto Pita e o fisioterapeuta Valentín Pena, quen se despraza persoalmente aos domicilios para realizar as atencións necesarias, evitando que as persoas beneficiarias teñan que afrontar desprazamentos que en moitos casos resultan imposibles polo seu estado de saúde.
Por outra banda, a Consellería de Sanidade informou recentemente de que o servizo de podoloxía será incluído na atención primaria, algo que desde o Concello de Ortigueira celébrase, pois permitirá que “os concellos nos centremos en dar aínda máis servizos ás nosas persoas maiores”. Para rematar, o goberno local tamén celebra que “unha iniciativa pioneira nosa expándase á totalidade da poboación galega a través do sistema público de saúde”.