saltar al contenido Saltar a la navegación principal Saltar al pie

El Concello equipa con desfibriladores diferentes espacios municipales

O Concello de Ortigueira completou a entrega de varios equipos DEA (desfibriladores externos automáticos) que se situarán en distintos espazos e servizos municipais co obxectivo de mellorar a capacidade de resposta ante situacións de emerxencia sanitaria e reforzar a seguridade da cidadanía.

Os novos dispositivos destináronse ao coche da Policía Local, ao GES, ás oficinas municipais —que prestan servizo tamén ao Teatro da Beneficencia— e aos servizos municipais de obras, onde o desfibrilador quedará situado na nave municipal do polígono de Cuiña. Con esta dotación, o Concello amplía a rede de espazos cardioprotegidos e garante unha maior cobertura en puntos estratéxicos do municipio.

De maneira previa á posta en funcionamento dos equipos, o persoal municipal implicado realizou un curso obrigatorio de formación para o correcto uso dos desfibriladores, asegurando así unha intervención eficaz e segura en caso de parada cardiorrespiratoria.

Volver arriba