EL CONSEJO DE ORTIGUEIRA recibido un incentivo de 7.000 euros para el trabajo de prevención y reducción de siniestralidad laboral
O Concello de Ortigueira recibiu un incentivo da Dirección General de Ordenación de la Seguridad Social a través da mutua Asepeyo pola súa contribución á prevención e redución da siniestralidade laboral na devandita institución durante o ano 2016. O recoñecemento -que ten un importe económico de 7.210 euros- foi entregado ao concelleiro Juan Cao nun acto celebrado en Santiago de Compostela presidido pola directora do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral. Estes “bonus” premian a empresas e institucións que teñan contribuído de xeito contrastable á diminución e a prevención da siniestralidade laboral mediante inversións cuantificables e a través da implantación de medidas, políticas e prácticas preventivas.
O concelleiro asistiu tamén en Santiago ao encontro sobre novas tendencias en prevención e transformación dixital que se desenvolveu na mesma xornada.