saltar al contenido Saltar a la navegación principal Saltar al pie

EL ALCALDE DE ORTIGUEIRA ENCABEZÓ LA DELEGACIÓN ORTEGANA DESPLAZADA EL FIN DE SEMANA A SEVILLA

O alcalde de Ortigueira, Juan Penabad Muras, encabezou a delegación que se desprazou esta fin de semana a Sevilla, invitada polo Lar Gallego da capital andaluza, para participar no X Encuentro de Casas Regionales y Provinciales que se celebra na localidade. Na Plaza Nueva están abertos ao público os diferentes stands participantes no encontro, entre eles o do Lar Gallego que, como no caso da última Feria de Abril, se dedica a Ortigueira.

A Escola de Gaitas actuou onte na Romería Gallega que organizou a entidade anfitrioa, e hoxe a agrupación ofrecerá o seu repertorio nun concerto previsto para as 22.00 horas na Plaza Nueva.

Numeroso público estase a achegar a estas celebracións, que levan o nome de Ortigueira á comunidade andaluza. Muras expresou a súa satisfacción pola repercusión que está a ter este evento e pola súa contribución para dar a coñecer a vila fóra de Galicia.

Na seguinte galería de imaxes poden verse instantáneas da presentación do stand, así como imaxes da romaría:

Volver arriba