Limpieza de playas 2023
O Concello de Ortigueira solicitou e obtivo unha subvención da Excelentísima Deputación Provincial por importe de 28.742,50 euros para a actuación de ‘Limpeza de praias’ durante a época estival do ano 2023. Con esta actuación executarase a limpeza e mantemento das praias do Municipio e das pequenas infraestruturas e instalacións que presenta servizo as mesmas como accesos, pasarelas, duchas, baños, espazos naturais limítrofes.
Para executar este cometido, o Concello de Ortigueira vén de realizar a contratación de 4 persoas coas que se realizarán, entre outras, as seguintes funcións nos areais do municipio:
-Retirada manual de algas, papeis, latas, plásticos e outros residuos depositados nas praias polas mareas e os cidadáns.
-Baleirado das papeleiras e colectores instalados nas praias.
– Limpeza e mantemento das instalacións de duchas, lava pes e aseos públicos.
– Rozado e acondicionamento do entorno natural dos areais, naquelas zonas de tránsito principal dos bañistas.
– Limpeza dos espazos naturais público limítrofes aos areais e que forman parte das praias.
As actuacións serán, principalmente, nas praias de Morouzos, A Concha, San Antonio, Bimbieiro e Picón, en menor medida no resto das do noso municipio.