saltar al contenido Saltar a la navegación principal Saltar al pie

Continúan las obras de mantenimiento del aparcamiento de la cancha de Ortigueira

• A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, inviste 48.000 euros nesta intervención.

Esta semana comezaron as obras de mantemento e acondicionamento do aparcamento do edificio xudicial de Ortigueira, unha actuación que desenvolve a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia e que supón un investimento de 48.000 euros.

As tarefas céntranse na reparación e pintado dos accesos, o arranxo do pavimento de lastra de granito deteriorado polo paso do tempo e o peche perimetral da parcela.

A execución das obras durante este mes de agosto responde á planificación da administración autonómica para aproveitar o período estival e de menor volume de actividade nos xulgados, garantindo que os traballos non entorpezan o normal desenvolvemento do traballo diario nin a atención á cidadanía.

Esta intervención é a segunda que se realiza no xulgado nos últimos anos, pois en 2022 a Xunta investiu 38.000 euros para emendar problemas de filtracións nas cubertas do edificio xudicial ortegano.

O alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, celebra que a Xunta de Galicia “teña en conta as necesidades de Ortigueira e que se faga esforzos investidores no noso municipio”. Agradece á Consellería “que manteña os xulgados nun estado óptimo para dar o mellor servizo posible ás cidadás e cidadáns”.

Volver arriba