Inicia la campaña 'Los juegos no son de niñas ni de niños, lo importante es divertirse'
Esta mañá deu comezo a campaña de fomento do xogo e xoguetes igualitarios en espazos educativos no Concello de Ortigueira, que se desenvolverá ata o vindeiro 31 de outubro.
Esta acción, posta en marcha pola Consellería de Servizos Sociais e Igualdade, está subvencionada con fondos do Pacto do Estado concedido ao noso municipio.
Conta cun decálogo de consellos orientativos para o fomento dos xogos igualitarios e participativos, libres de estereotipos de xénero e respectuosos coa diversidade. Desenvólvese baixo o lema ‘Os xogos non son de nenas nin de nenos, o caso é pasalo ben’.
Tamén se realizará unha actividade extraescolar gratuíta no CEIP José María Lage, de fomento do xogo igualitario.
Realizarase este mes de setembro pola mañá e en outubro pola tarde.