Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira impúlsase grazas á Deputación de A Coruña

No marco da convocatoria do programa de subvencións a concellos e entidades locais para o apoio ao desenvolvemento de festivais audiovisuais, musicais e de artes escénicas na provincia de
A Coruña durante o 2024, o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira é beneficiario destacado un ano máis.

Máis dunha veintena de festivais e concellos de diferentes características da provincia de A Coruña foron concesionarios deste programa de axudas. O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira foi este 2024 o encontro musical galego que maior importe subvencionable recibiu, un total de 65.000€, seguido de festivais cinematográficos como o Festival Internacional de Cinema Cineuropa ou o Festival Internacional de Cinema Curtocircuito, ambos en Santiago de Compostela, cunha subvención de 60.000€.

Unha axuda que fai posible que o Festival crezca cada ano, superando nesta edición os 100.000 visitantes, e que manteña o seu compromiso coa visibilización do panorama folk e celta tradicional e emerxente, tanto en Galicia como internacionalmente.

Back to top