Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

OCIO VERÁN 2021 OFRECE ACTIVIDADES LÚDICAS E DEPORTIVAS PARA OS NENOS E NENAS DE ORTIGUEIRA

Un programa co que o Concello de Ortigueira pretende favorecer a conciliación da vida laboral e a familiar.

Esta iniciativa diríxese aos nenos e nenas de catro a once anos, e contará con servizo de almorzos e actividades de ocio, entre as que se inclúen obradoiros, xogos ao aire libre e acuáticos ou excursións.

O programa amplía a súa duración este ano co obxectivo de chegar a máis persoas e flexibilizar as solicitudes atendendo ás necesidades das familias.

Inscricións: achegando o modelo oficial ao rexistro do Concello. Podese atopar na seguinte ligazón https://ortigueira.sedelectronica.es/

As persoas interesadas en ter máis información poden chamar aos números de teléfono 981 42 20 26 ou 981 40 00 00.

Back to top