Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCERTO DE NADAL DA ESCOLA DE MÚSICA CONCELLO DE ORTIGUEIRA, O DÍA 27 EN STREAMING

A Escola de Música Concello de Ortigueira ofrecerá o vindeiro domingo, día 27 de decembro, o seu Concerto de Nadal, que se retransmitirá en streaming a través da súa canle de Youtube (www.n9.cl/emco-tv).

No concerto participan todas as agrupacións da Escola de Música, pero ademais inclúense colaboracións e intervencións de persoeiros coñecidos do mundo da televisión e da música galega. As persoas que sigan o concerto teñen tamén a posibilidade de chatear en directo e interactuar cos outros espectadores.

Aquí podedes ver un vídeo promocional:

Back to top