Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO DE ORTIGUEIRA ANIMA A APROVEITAR O TEMPO NA CASA PREPARANDO RECEITAS PARA COMPARTIR NO FACEBOOK CO CANCELO #ORTIGUEIRADENDEACOCIÑA

O Concello de Ortigueira continúa coas súas iniciativas lúdicas orientadas a que as familias leven da mellor maneira posible o confinamento derivado da crise do coronavirus Covid-19. Se a semana pasada empezaba con #Ortigueiradendeaxanela, animando aos menores de 14 anos a enviar as súas redaccións e debuxos contando os seus plans para cando remate a corentena, agora pon en marcha unha proposta baseada na cociña. Trátase de que cada quen suba ao seu Facebook un vídeo explicando unha receita ou unha fotografía que inclúa tamén a preparación do prato en cuestión, sempre co cancelo #Ortigueiradendeacociña. As publicacións serán compartidas no Facebook do Concello e as que acaden máis “gústame” recibirán un premio. Establécense dúas categorías, unha para menores de 16 anos e outra a partir desa idade.

O Concello ten previsto continuar adiante con este tipo de iniciativas para facer máis ameno o tempo de estancia na casa, tanto aos residentes en Ortigueira como a quen está a pasar a corentena na localidade.

Back to top