Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CIM DE ORTIGUEIRA ORGANIZA UNHA CAMPAÑA SOBRE A ENDOMETRIOSE CUNHA CONFERENCIA E O REPARTO DE DÍPTICOS INFORMATIVOS

O Centro de Información á Muller de Ortigueira leva a cabo unha campaña divulgativa sobre a endometriose, dentro da que se inclúe unha charla divulgativa sobre esta enfermidade o vindeiro venres, día 5, no Centro Social de Ortigueira a partir das 17.00 horas. Correrá a cargo de Ana Pernas, da asociación QuerENDO, que informará sobre a devandita doenza, de maneira que as mulleres poidan identificar os seus síntomas desde o primeiro momento. A finalidade da iniciativa é tamén rachar coa crenza de que as regras dolorosas non agochan patoloxías.

Paralelamente repartiranse dípticos informativos e colocaranse autocolantes nos aseos públicos.

Actividades na biblioteca

Por outra banda, o Concello celebra o martes o Día do Libro Infantil, centrado na personaxe de Elmer, o simpático elefante protagonista das aventuras que escribe David McKee. A actividade dará comezo ás 17.30 horas na biblioteca municipal e está dirixida a nenos e nenas de 3 a 5 anos.

O mércores 3 continuarán os obradoiros do ciclo “Feito a man”, nesta ocasión cun curso de iniciación ao Scrapbooking impartido por Alúa Cid. Está dirixido a mozos e mozas e adultos, xa que a vindeira semana haberá outro para nenos e nenas, e dará comezo ás 16.30 horas na biblioteca.

Back to top