Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Charla informativa “A contratación de viaxes e a economía colaborativa”

Este evento terminou

De 12.00 h a 13.00 horas, na Aula CeMIT de Ortigueira, celébrase esta charla por videoconferencia desde a Escola Galega de Consumo, na que se tratarán contidos sobre os dereitos que amparan aos usuarios cando contratan e realizan unha viaxe, e que é importante coñecer con antelación. Do mesmo xeito daranse algúns consellos para elixir ben a axencia de viaxes, usar pasarelas de pago seguras, acudir aos procedementos de resolución de conflitos, etc. Ademais, afondarase na economía colaborativa, analizando os diferentes servizos ofertados polas novas plataformas que están a xurdir no mercado.

A charla require inscrición previa. As persoas interesadas poden solicitar máis información e realizar a súa inscrición:

Rúa Márquez Cortiñas, s/n.
Teléfono: 981 402 533.
Correo: cemit.ortigueira@xunta.es

Back to top