Os servizos que se prestan no arquivo municipal son:

  • Información aos usuarios: atención de consultas de forma presencial, por teléfono, correo postal e electrónico.
  • Consulta de fondos documentais: consulta en sala de documentos orixinais do arquivo, sempre tendo en conta a normativa de acceso e as condicións de conservación do documento obxecto da consulta.
  • Consulta da biblioteca auxiliar: o arquivo e a biblioteca municipais comparten edificio, desta forma a bibliografía específica de arquiivística, ciencias auxiliares, historia local e rexional poden consultarse na sala de lectura da biblioteca municipal.
  • Actividades culturales e educativas: colaboración co outras institucións e centros educativos, visitas, exposicións, etc.

Para poder consultar documentos do arquivo, será preciso presentar o DNI ou documento xustificativo, e cumprimentar a correspondente solicitude. Isto permite obter información detallada sobre os fondos que se desexen consultar así como realizar a consulta directa (sempre de forma individual) tendo en conta a normativa de acceso, así como as condicións de conservación do documento obxecto da consulta.

O uso da biblioteca e o arquivo municipal está regulado polas súas correspondentes ordenanzas, que poden consultarse nas seguintes ligazóns:

VER PDF Regulamento da Biblioteca municipal “Fernández Latorre”

VER PDF Regulamento do arquivo municipal

Back to top