CURSO DE HABILIDADES DIXITAIS BÁSICAS PARA MULLERES NA AULA CEMIT DE ORTIGUEIRA

A Aula Cemit de Ortigueira acollerá do 19 ao 21 de decembro un curso de habilidades dixitais básicas dentro do programa Digitalizadas, que persegue a adquisición de competencias dixitais e uso de ferramentas tecnolóxicas para mulleres do ámbito rural. Trátase dun proxecto impulsado pola Fundación Cibervoluntarios, a Fundación Mulleres e Google.org que conta co apoio do Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad e a colaboración do Concello de Ortigueira.

O prazo de inscrición está aberto ata o día 18 de decembro ou ata que se esgoten as prazas, que son un máximo de 12. As solicitudes terán que tramitarse no Centro de Información á Muller.

O obradoiro terá unha duración de seis horas e incluirá formación sobre o manexo básico dun ordenador (rato, teclado, funcionamento de cartafoles e iconas principais), a xestión do correo Gmail, ferramentas Drive, redes sociais e claves para ter confianza e seguridade na rede.

Back to top