Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

AS FAMILIAS PARTICIPANTES NO PROGRAMA “CONCILIORTIGUEIRA” ESTÁN CONVOCADAS A UNHA XUNTANZA O VINDEIRO LUNS

As familias participantes no programa “Conciliortigueira” están convocadas o vindeiro luns, día 10 de setembro, ás 8.00 horas na biblioteca do Centro Social para explicar os detalles deste programa, que comezará no CEIP José María Laxe coincidindo co inicio do curso escolar.

O Centro de Información á Muller explica que “Conciliortigueira”, unha iniciativa cofinanciada pola Secretaría Xeral de Igualdade e o Fondo Social Europeo, ten como obxectivo compatibilizar os horarios no ámbito persoal, laboral e familiar para proporcionar ás familias medidas de organización do tempo de traballo que faciliten a súa conciliación familiar.

Back to top