Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

ABERTA A PREINSCRICIÓN PARA OS ALMORZOS NA ESCOLA DO CURSO QUE VÉN

O Centro de Información á Muller ten aberta ata o 18 de maio inclusive a preinscrición para os nenos e nenas que se beneficiarán dos “Almorzos na escola” no curso 2020-2021, unha iniciativa que forma parte do programa municipal Conciliortigueira e que está cofinanciada pola Secretaría Xeral de Igualdade e polo Fondo Social Europeo. Trátase dun servizo que atende de forma personalizada ao alumnado de Educación Infantil e Primaria e que funciona de luns a venres no CEIP José María Lage a partir das 7.30 horas. Ata o comezo das clases os usuarios almorzan, aprenden hábitos saudables e de hixiene e realizan actividades de lecer cun monitor/a especializado. A iniciativa trata de favorecer a conciliación dos pais e nais que traballan nese horario.

Para se apuntar hai que acudir ás oficinas do CIM e para ter máis información pódese chamar ao número de teléfono 981 40 25 42.

As solicitudes deberán ir acompañadas da documentación esixida para ser admitidas.

Descarga Impreso para a inscrición para os almorzos na escola

Back to top