Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

A RESTAURADORA BLANCA BESTEIRO FALARÁ DOS 800 ANOS DA CATEDRAL DE MONDOÑEDO ESTE VENRES NO TEATRO DE BENEFICENCIA

A restauradora Blanca Besteiro estará este venres en Ortigueira para ofrecer unha conferencia dentro da programación complementaria da exposición sobre os 800 anos da catedral de Mondoñedo, que se mostra no claustro baixo do Concello ata o vindeiro día 17 de marzo e que organiza a Diócese de Mondoñedo-Ferrol.

Besteiro falará no Teatro de Beneficencia deste aniversario e da historia da catedral, nun acto organizado pola Unidade Interparroquial de Ortigueira que dará comezo ás 20.00 horas.

Back to top